Días de traballo en branco e negro


Uff... con que enerxía volvemos as vacacións e que axiña acabamos con ela! Por iso recoñezo que pola semana a escala de amañarse para ir ao traballo vai en clara decandencia ;P, os luns comezo con moita forza e segundo vai chegando o venres os folgos son menos, menos mal que estas fotos son do martes cando aínda tiña enerxías xD. Como vedes no estilismo repito skort, e máis abaixo achégovos unha selección dos meus favoritos para este outono, adóroos, en realidade, porque son comodísimos! Xunto co skort e as medias negras estreo xersei de Lefties en branco e negro e mais zapatos tipo oxford de charol e tamén escuros; a mochila é repetidísima mais nunca me cansarei de levala, é de Asos. O certo é que antes de mercar os zapatos deilles moitas voltas a este tipo de zapatos, este inverno veñen con forza e volven en charol e cores escuras, desta volta tamén teñen algo de plataforma porque adoro os zapatos con pataforma! Estes son da marca Truffle e merqueinos a través de Asos, e coido que van ser o calzado estrela deste inverno ;). Como vedes, a comodidade prima para ir ao traballo e aturarmos esas xornadas interminables... Aiiii, que nostalxia comezo a ter do verán!! ;)

Agardo que vos guste o estilismo!!!!










Xersei de Lefties (17,95 euros)
Skort de New Look (xa saiu aquí)
Zapatos de Truffle (57,14 euros)
Mochila dourada de Asos (xa saiu aquí)

E aquí tendes unha selección das saias-pantalóns preferidas para este outono-inverno, hai para todos os gustos! ;)
Girls on Film, 40 euros
New Look, 27,50 euros
River Island, 37 euros
River Island, 40 euros
River Island, 40 euros
New Look, 25,28 euros

Ata aquí por hoxe! E vós, animádesvos con esta prenda?

Moitos bicos e boa fin de semana!!!! Sede felices ;)

Silvia

Publicacións populares