Días de choiva...

Na Galiza comezou nestes pasados días a chover e, por moito que intermitentemente o sol nos dea tregua, séndomos realistas cómpre termos o chuvasqueiro e mais as botas de auga preparadas porque vai haber que botar man delas moi a miúdo. Este sábado foi o momento ideal para estrear o meu novo chuvasqueiro, e as botas... aínda están por vir, recoñezo que aínda non sei ben cómo as quero mais si que teño feita unha selección que vos presentarei máis abaixo. O estilismo é ben sinxelo e cómodo, como o chuvasqueiro é vermello tampouco cumpría levar nada máis de cor, así que o resto das prendas son neutras; ao chuvasqueiro de Pull & Bear engadinlle camisola negra básica de Asos e pantalón vaqueiro en negro desgastado de Tex Mex, o colar, é un dos meus preferidos, xa ten uns cantos anos e é de Uno de 50, canto ás zapatillas son de plataforma con estampado de animal salvaxe de Vans e merqueinas nas últimas rebaixas de Asos por unha terceira parte do que custaban, foron un choio! A mochila non sae nestas fotos mais xa a vistes noutras ocasións, e é de Fashion Pills.









Chuvasqueiro de Pull & Bear, 39,90 euros
Camisola de Asos, 9,90 euros
Vaqueiro desgastado de Tex Mex,19,90 euros
Colar de Uno de 50, 125 euros
Zapatillas de Vans, 92,42 euros

Canto ás botas de auga, de goma, de choiva ou katiuskas, chamádeas como máis guste, aínda non teño as destes inverno mais si que teño unha selección das que máis me gustan, que vos deixo aquí. O tema das botas de auga nas tallas grandes xa dá para para falarmos longo e tendido, posto que durante anos que as botas de auga non me serviron nas pernas utilicei botíns de goma como alternativa, así que quen teña ese problema pode quedarse coas opcións de Gioseppo ou Kigu, que non son tan altas e aptas para máis tipos de pernas. Eu, pola miña banda é posible que quede coas de Desigual, basicamente porque combinan á perfección co meu novo chuvasqueiro! ;P Ah, e se vos estraña que non poña ningún modelo das famosas Hunter é porque non me gustan nada, ademais de que me parece unha barbaridade gastar 100 euros nunhas botas de auga... que son para a auga e non para cando vai sol... unha aclaración que coido tamén que é pertinente á vista de que hai quen pensa que por levar esa marca son adecuadas vaia o tempo que vaia... non! As botas de auga son para o que son!! ;P
Desigual, 59 euros
Kigu, 58,17 euros
Zalando, 54,95 euros
Topshop, 32 euros
Gioseppo, 44,95 euros


Ebay, 19,82 euros

Gioseppo, 59,95 euros
Juju, 28,95 euros
Agardo que vós tamén atopedes as vosas preferidas! ;)

Que teñades un bo inicio de semana e sede felices! ;)

Silvia