Complementos

Ás veces os complementos fan todo, podes levar un estilismo do máis cómodo e sinxelo e o que realmente destaca son os complementos que lle dan o punto diferente. Onte andei de turista por Barcelona, e decidín que a comodidade primaba sobre todo, certo é que ía moita calor mais cando non estás na casa as posibilidades para combinarmos roupa son máis ben limitadas, e se sodes coma min, que sempre que podo intento non facturar, a cousa aínda pode ser peor... iso si, se levas uns cantos complementos que destaquen problema amañado!


Como vedes optei por un patalón básico en negro de H&M e mais unha camisola tamén básica negra de Asos, para darlle un toque de luz e tendo en conta que andando de aquí para aló sempre pode refrescar engadinlle unha camisa longa vaqueira e cun desgaste moi propio dos anos 90 que merquei no Primark e que usei todo o verán en distintos estilismos. O punto colorido púxeno nas zapatillas de Asos, e a estas sumeille a miña mochila favorita de Fashion Pills, pola que, por certo, xa me preguntaron nalgúns sitios, lentes de Charly Therapy negras con motivos dourados e de espello que merquei estes días en Barcelona e colar de Celane Moda, unha pequena tenda local de Betanzos que está no Valdoncel, xusto entre o estanco do Jerónimo e a Velasca, dous pequenos negocios de toda a vida nesta vila.





Pantalóns negros de H&M (19,95 euros)
Camisola negra de Asos (xa saiu aquí)
Zapatillas vermellas de Asos (xa saíron aquí)
Camisa longa desgastada de Primark (15 euros)
Mochila de Fashion Pills (xa saiu aquí)
Lentes de sol de Charly Therapy (25 euros)
Colar (9,50 euros)

Non podo negar que realmente co estilo máis básico e funcional é co que mellor me atopo sobre todo cando se trata de visitar lugares e camiñar moito, mais como vedes, tamén, coas prendas máis básicas podemos crear un estilismo actual a través de complementos un chisco máis chamativos e orixinais.

Ah! E non me teñades en conta a miña cara de cansazo... son as consecuencias visibles de durmir pouco, andar moito... e pasalo moi ben! ;)

Que teñades unha moi boa semana e moreas de bicos!


Silvia