A aproveitar este verán tardío...


...porque cando volva a choiva de seguro que non nos desfacemos dela até a primavera ou máis aló, así que decidín seguir botando man da roupa de verán mentres o sol nos acompañe. É certo que polas mañás e ás noites xa refresca, mais desta volta e tendo en conta que era fin de semana e non tiña que saír da casa ás oito da mañá decidín que era hora de aproveitar os pantalóns curtos. Ao longo de todo o verán, especialmente os días de praia e excursións adoito poñer continuamente pantalóns curtos desde hai anos, é certo que moitas mozas de tallan grande teñen reparo á hora de os usaren mais, como todo, hai que tentar buscar modelos cos que te sintas cómoda ti mesma e non pensar tanto na imaxe que os demais poden ter de ti por levar unha ou outra prenda, se a ti che gustan... que máis ten o que pensen os demais? 

Este domingo achegueime até Rianxo empurrada polo que eu chamo "aventuras náuticas" que deixo para algunha outra ocasión ;), e dedicín que a comodidade era a miña premisa, botei man dun peto vaqueiro, que tanto nos meteron polos ollos dende o pasado inverno e co que ao final acabei caendo non só unha, senón dúas veces! ;P. O caso é que o puxen ao longo de todo o verán e aínda que recoñezo que non favorece demasiado a min mólame moito! Para debaixo do peto escollín unha camisola básica de Asos e por riba volvín pór o meu rescatado chaleque ao que lle engadín un broche feito a man coa cara de Rosalía que merquei hai xa moitos anos en Santiago de Compostela nunha tenda da que xa nin lembro o nome! Engadinlle zapatillas vermellas e mochila de coiro vermello de Asos, que me regalaron este ano polo aniversario, e complementeino tamén cuns lentes de sol de veludo vermello que merquei en Topshop... seica os lentes de veludo veñen tamén para o outono, e son o máis, mais persoalmente coido que para o verán dan calor ;P. Ah, tamén puxen un cinto de Primark porque sabedes que engadirlle un cinto, neste caso negro, a unha prenda coma o peto, redefine a cintura, e mais un reloxo vermello que me regalaron cunha compra en Arenal.

Agardo que vos guste o conxunto... e vós, tamén estades a aproveitar este verán tardío nos vosos estilismos?












Peto vaqueiro de Primark (15 euros)
Camisola negra de Asos (9,95 euros)
Cinto de Primark (2 euros)
Zapatillas de Asos (25,95 euros)
Mochila de Asos (69,95 euros)
Lentes de sol de Topshop (15,95 euros)
Broche de Rosalía (nin lembro)
Reloxo (de balde)

Por certo, por aí polo medio sae o meu fotógrafo particular, graciñas para el, que ben o merece.

Até o próximo estilismo, sede felices e graciñas por seguirdes aí! ;)

Silvia

Publicacións populares