Tallas grandes por primeira vez na Semana da moda de Londres (London Fashion Week)

Algo me cheiraba a semana pasada cando no instagram de varias das miñas bloggers de talla grande favoritas, como Nadia Aboulhosn, Gabifresh, Nicolette Mason ou Kelly B. colgaban fotos e fotos da súa viaxe e os seus encontros en Londres xusto na semana da moda. Os vídeos dos desfiles comezaron a aparecer na rede e souben que era o que acontecía, Evans, unha marca coñecidísima de tallas grandes, que pertence ao mesmo grupo propietario de Topshop desfilaba por primeira vez na London Fashion Week con tallas grandes que vende mundialmente e que reuniu ás blogueiras de "plus size" con máis repercusión mediática de todo o mundo, o evento é certo, que pagaba a pena.

Foi Londres, pois, o escenario escollido polo deseñador Evans para organizar o seu primeiro desfile cunha colección deseñada coa colaboración de seis importantes deseñadores entre os que están Clements Ribeiro e Giles Deacon e con modelos con curvas. Segundo o propio Evans: "Non se pode ignorar o mercado de tallas grandes. E non se pode pode estar á defensiva ao respecto porque hai moitísimas mulleres que se encadran neste mercado e elas tamén queren ter a opción de vestir ben".



Dende logo esta é unha boa nova, e un pequeno, moi pequeno paso de cara á normalización da venda de roupa de tallas grandes no mundo da moda, mais que cómpre seguir polo miúdo porque é posible que antes ou despois se estenda a outras das pasarelas máis coñecidas do mundo, porque sempre a London Fashion Week foi pioneira e o Reino Unido lévanos un camiño andado por diante moi grande fronte a estados coma o español, onde Mango ofrece como colección de tallas grandes prendas que van dende a talla 40, é dicir que considera que as mulleres que usan unha talla 40 xa se deben encadrar nas tallas grandes sen ter en conta para nada, así, as tallas das mulleres reais.

Aquí tedes o desfile completo de Evans na London Fashion Week!



E algúns dos meus estilismos favoritos...











Agardo que vos gustase a selección ;).

Silvia

Publicacións populares