Novas colaboracións e agradecementos

Este pequeno espazo vai collendo forma e iso non sería posible sen a axuda de meu irmán, Alberte, que é quen sempre me bota unha man para estas cousas e me axuda en todo o que teña a ver co aspecto da bitácora. 

Igualmente, e neste camiño, falando con distintas persoas e buscando colaboracións atopei gratas sorpresas de quen se animou a participar no blog achegando o seu punto de vista sobre a moda, as tendencias e os estilos de vida, como é o caso de Martina, que proximamente se dará a coñecer na bitácora e que de seguro nos ha de contar cousas moi interesantes.



Tampouco podo esquecer á miña parella, non só me animar a crealo, senón por ofrecerse a axudarme e facer as fotos dos estilismos, que non vai ser tarefa doada.

A idea de que sexa aberto e non persoal é algo que tiven claro dende o principio porque na variedade está o gusto, e parecíame moi interesante contrapór diferentes visións sobre as tendencias entre mozas de idades semellantes que son un reflexo de como é a sociedade, con diferentes gustos, tallas e visións sobre as tendencias e as modas. Agardo que co tempo se anime máis xente a participar, e poida ser un reflexo do que se ve na rúa, porque realmente as tendencias que funcionan e que non, onde se ven, é na propia rúa, o que chega á xente, o que lle gusta e o que se atreve a pór.

Graciñas a tod@s @s que estades do outro lado! ;)

Silvia

Publicacións populares