Este inverno volve o coiro..


...e eu estou encantada! Xa no inverno pasado as chamadas "bikers", cazadoras moteiras de toda a vida ou "perfectos de coiro" (que non sempre son de coiro ;P) estaban por todas partes, iso si, coma sempre, coa dificultade que supuña atopar unha cazadora desas características se usas máis aló dunha L; mais este ano volven e non só as cazadoras... as saias, os pantalóns, as mochilas e mesmo tops e camisolas! 

Persoalmente ando na busca dunha saia de coiro  "perfecta" e os pantalóns de coiro encántame e son super tendencia para este outono-inverno mais teño máis que serias dúbidas sobre a súa comodidade e/ou caída para mozas que usan máis aló dunha corenta e dúas. As zapatillas sen cordóns e de coiro tamén aparecen nas coleccións de todas as tendas. Aquí tedes unha selección dalgunhas das miñas prendas favoritas de coiro (ou que imitan) para este inverno de distintas tendas e con opcións para todas as tallas.

Cazadoras

H&M, 49,99 euros, e con tallas da 34 á 46


Dorothy Perkins, 57 euros, e con tallas da 34 á 50

Asos Curve, 99,53 euros, e con tallas da 46 á 56

Saias


New Look, 24,99 euros, con tallas da 36 á 44

 Forever 21+, 16,45 euros, e con tallas da 44 á 52


River Island, 33 euros, e con tallas da 34 á 46


River Island en Asos, 42,65 euros, con tallas da 34 á 46

Mango, 29,99 euros, da 34 á 42

Zapatillas




Zara TRF, 29, 99 euros
Asos, 28,44 euros
Bronx, 99, 53 euros
Pull & Bear, 35,99 euros


Agardo que vos gustase a selección e que vos animedes a levar este inverno esta tendencia tan atemporal e que nunca pasa de moda polo que se ve. Mentres tanto eu seguirei na busca da saia de coiro que quero para este inverno e que de seguro habedes de ver en vindeiras ocasións. Graciñas por seguir do outro lado!;)

Silvia

Publicacións populares