Dous desexos para este outono

A estas alturas xa podemos dicir que a roupa de outono e mesmo inverno leva meses nas tendas. Hai anos que o ritmo marcado pola moda e que se reflicte nas coleccións dos comercios adiántanos as tempadas cada vez máis. Iso, para as persoas que nos gustan as tendencias provoca sentimentos contraditorios ao querer mercar un abrigo en pleno agosto cando van pasar meses ata que o poidamos usar ou uns pantalóns curtos en marzo cando en Galiza temos claro que vai chover ata maio como mínimo. Caso aparte é a mención de que cando usas tallas grandes moitas veces compras cando atopas a talla, porque moitas tendas, se algo deixan patente, é que ofrecen roupa nunhas tallas que non son as que usan a maior parte das mulleres, do contrario non serían as primeiras en esgotarse as L e as XL e sempre ficarían para as rebaixas as XS e as S.

Desta volta o outono vén cargado de tendencias que adoro, realmente si que me deixo guiar polas tendencias mais sempre as adapto ao meu estilo e tento ser un pouco diferente, de aí que dous dos complementos que desexo para este inverno son os seguintes:

 Bolso Pop Corn Bag de Kling (49,90 euros)

                                          Mochila con cara de monstro de Asos (39,99 euros)



Xa hai unhas tres tempadas que as mochilas están irrompendo nos desfiles mais coido que foi neste ano cando máis están chegando á rúa. Persoalmente recoñezo que son comodísimas e hai como un ano que non me desprendo deste complemento, e esta que vin en Asos encántame. O bolso de Kling preséntase por si só, non hai máis que dicir, simplemente que é un complemento non apto se queres pasar desapercibida e que no desfile de outono-inverno 2014/2015 foi Moschino quen encheu a pasarela, coas ideas do deseñador de Jeremy Scott, de bolsos e estilismos bastantes surrealistas e aos que non lle vexo saída máis aló dos complementos (por seren divertidos) se non queres ser un cartel publicitario andante, e, senón, botade unha ollada e opinade:





A raíz dos deseños de Moschino esta tempada contamos con complementos divertidos que marcas españolas como Kling nos ofrecen; o meu escollido para este ano é o de enriba mais aquí tedes outros modelos que ofrece nesta liña tamén me parecen super divertidos e alegrarían calquera estilismo.





Tamén en Romwe, unha tenda en liña que descubrín hai uns cantos anos tedes bolsos moi orixinais e a uns prezos bastante asequibles, aquí tedes algúns exemplos:







E hoxe ata aquí! Agardo que vos gustase a selección ;). Sede felices!

Silvia

Publicacións populares