Ás voltas co roupeiro

Moitas veces tendemos a mercar prendas e prendas antes de lle dar unha volta ao roupeiro, é dicir, de mirar, buscar e rebuscar que temos de anteriores tempadas e/ ou mesmo de hai anos e que podemos reutilizar, porque de seguro que hai prendas e zapatos que por distintos motivos non fomos usando mais cando as atopamos e volvemos a probar, pensamos: é hora de lle dar unha oportunidade!

Hoxe traio un conxunto deses, as vacacións, entre outras cousas, dan tempo para buscar nos armarios e atopar xoias como as que puxen esta fin de semana... é posible que ningunha das prendas, agás o chaleque ou quizais o vestido, tendo en conta que neste verán se levou moitísimo o giupur, e é de encaixe, é dicir similar, sexan tendencia, mais o certo é que son das que pensa que moitas veces cando te sentes cómoda co que levas as tendencias non son tan importantes e calquera estilismo se pode actualizar cos complementos. Desta volta as prendas encántanme porque encadran perfectamente no meu estilo. Agardo que a vós tamén!






O vestido é como de hai tres tempadas e de H&M, e dende o momento que o vin namorei del mais foi destas prendas que tanto che gustan mais logo non das usado o suficiente por iso decidín sacalo de paseo ;P; o chaleque tamén é da cadea sueca, e aínda ten máis, uns cinco anos, os zapatos son de Bimba & Lola tamén de hai varias tempadas. O cinto, o colar e a mochila son o único deste ano, o colar merqueino no Fifty Factory do The Style Outlets e o cinto e mais a mochila son de Asos, a mochila xa levou un bo uso este ano que a puxen todo o verán mais é que encanta porque é de coiro e dourada... o certo é que non lle podía pedir máis!




Vestido, de H&M (39,95 euros)
Chaleque, de H&M (29,95 euros)
Zapatos, de Bimba e Lola (59,90 euros)
Cinto, de Asos (3,50 euros)
Colar, de Sprinfield (3,90 euros)
Mochila, de Asos (59,90 euros)
Lentes de sol, de Ray-Ban (115 euros)

E vós... animádesvos a darlle unha volta ao voso roupeiro e sacar de paseo esas xoias que tedes esquecidas?

Boa fin de semana e sede felices!!

Silvia